Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Día Mundial da Concienciación do Autismo

O 2 de abril conmemórase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha oportunidade para visibilizar o TEA e reforzar o compromiso cunha educación inclusiva, equitativa e con sentido. Desde o colexio, traballamos para educar na comprensión, no respecto e na empatía, valores fundamentais para recoñecer a diversidade como unha riqueza. Sensibilizar sobre o autismo beneficia a todo o alumnado, xa que fomenta competencias emocionais, sociais e éticas que melloran a convivencia e fortalecen a comunidade educativa.

Dende o Departamento de Orientación promovemos actividades adaptadas a todas as etapas a través da acción titorial, visitamos a biblioteca para descubrir lecturas sobre o TEA e realizamos unha acción simbólica pintando as mans de azul. Con pequenos xestos como estes, construímos cada día unha escola máis xusta, aberta e preparada para acoller todas as realidades.