Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Día da saúde mental

Hoxe, 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, o noso colexio súmase á conmemoración coa actividade “Coloreamos cerebros”, realizada polo alumnado de 4º de ESO B e da Unidade de Educación Especial, baixo a idea de que non existen dous cerebros iguais e cada persoa vive, aprende e sente dun xeito único.

O mural colectivo resultante recolle información sobre diferentes trastornos mentais co obxectivo de promover a psicoeducación, derrubar prexuízos e fomentar o respecto pola diversidade mental.

Desde o centro apostamos por coidar o benestar emocional e cumprir con esta responsabilidade educativa, e o Departamento de Orientación mantén as súas portas abertas para asesorar e acompañar alumnado, profesorado e familias.  “Coidar a saúde mental é cousa de TOD@S.”