Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Día da Poesía

Co gallo do Día Mundial da Poesía, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha actividade creativa desenvolvida na materia de Lingua Castelá e Literatura.

A proposta consistiu nun traballo de investigación na biblioteca escolar, onde o alumnado seleccionou pequenos fragmentos de poemas de autores estudados ao longo do curso. Procuraron versos breves pero intensos, capaces de emocionar, facer reflexionar, provocar un sorriso ou espertar a imaxinación. Estas “pílulas de poesía” inclúen tanto obras de autores clásicos como tamén creacións actuais presentes nas cancións que forman parte do seu día a día.

Como resultado final, elaborouse un mural colectivo que está exposto no hall do centro, co obxectivo de que toda a comunidade educativa poida achegarse, descubrir e gozar destas pequenas xoias literarias.

Con esta iniciativa quérese poñer en valor que a poesía segue viva e presente, xa sexa nos libros ou na música, e que uns poucos versos poden acompañarnos, emocionarnos e ofrecernos unha nova maneira de ver o mundo.

Porque, ás veces, un pequeno verso pode quedar connosco para sempre.