Onte pola mañá, un grupo de alumnos e alumnas de Primaria participou na xornada Danza na Praza, unha actividade organizada no marco dun seminario intercentros de música e danza tradicional galega.
A praza encheuse de música, movemento e emoción: arredor de 400 nenos e nenas bailaron e cantaron diferentes pezas da tradición galega para celebrar as Letras Galegas.
A xornada rematou cunha actividade moi especial: unhas danzas dirixidas por Arthur, coreógrafo das Tanxugueiras, que fixo vibrar a todo o público!
Un ambiente fantástico e unha fermosa mostra de unión arredor da nosa cultura.
A tradición está máis viva ca nunca!