Con motivo da celebración do Samaín, a nosa coordinadora Erasmus e xefa de estudos, Bea Nieto levou a cabo unhas fantásticas sesións de contacontos dirixidas ao alumnado de 2.º, 3.º e 4.º de Educación Primaria.

A través de historias cheas de maxia, misterio e emoción, os nenos e nenas gozaron dunha experiencia moi especial que, ademais de facelos pasar momentos estupendos, lles permitiu coñecer e descubrir os costumes, as lendas e as tradicións relacionadas co Samaín, unha festa milenaria profundamente vinculada á nosa cultura.
Estas sesións convertéronse nunha magnífica oportunidade para achegar o alumnado ás nosas raíces e poñer en valor a riqueza do noso patrimonio cultural e das tradicións populares galegas, demostrando que aprender tamén pode ser unha auténtica aventura.
Foi unha experiencia xenial! 🎃✨
Moitas grazas, Bea, pola túa implicación, entusiasmo e por compartir co noso alumnado estas historias tan especiais que nos axudan a manter vivas as nosas tradicións.
