O alumnado de 3º da ESO ven de participar nunha excursión enmarcada no programa “Coñece Ourense” promovido pola Deputación de Ourense para axudar aos xoves a valorar a riqueza cultural, natural e etnográfica da provincia. Logo dunha visita guiada polo Templo da Veracruz en Carballiño, acudiron a Cea para participar nun obradoiro de elaboración de pan e finalizaron a xornada descubrindo a riqueza artística e a relevancia histórica dun dos mosteiros máis emblemáticos de Galicia: o Mosteiro de Oseira.
Grazas á Deputación por esta oportunidade!