Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Concurso “As casiñas do Nadal”

A participación no noso concurso de casiñas de Nadal foi, un ano máis, extraordinaria. Recibimos un total de 32 casiñas, elaboradas con moito agarimo, imaxinación e creatividade, que encheron o centro de cor, ilusión e auténtico ambiente de Nadal.

Queremos salientar tamén a gran implicación da comunidade educativa, reflectida nas 217 votacións recibidas, mostra do interese e do apoio de familias, alumnado e profesorado. A elección non foi doada, xa que todas as creacións destacaron polo seu esforzo e orixinalidade.

Xa se coñecen as casiñas gañadoras nas distintas etapas educativas. A entrega de premios realizarase mañá, nun acto que servirá tamén para agradecer a participación de todo o alumnado e das súas familias.

Grazas, de corazón, por facer posible esta iniciativa un ano máis. O Nadal no noso centro constrúese con creatividade, ilusión compartida e traballo en equipo.