O alumnado de 4º da ESO participou en Tendendo Pontes. Xornadas de intercambio de experiencias en innovación docente no Ensino Secundario e a Universidade, unha iniciativa da Facultade de Historia na que, supervisados pola súa profesora Beatriz Nieto, expuxeron os resultados de proxectos de investigación sobre confitos actuáis: A guerra de Ucraína: de verdade rematara a Guerra Fría; A Venezuela chavista na actualidade; O conflito Israel-Palestina e A Guerra de Siria. Logo dunha fase de busca, selección e tratamento de información relevante, prepararon exposición orais que levaron a cabo na facultade para compartir os seus achádegos.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e inspiradora. Parabéns a grazas á facultade de historia por esta oportunidade. Para saber máis, fai clic aquí.