Esta semana comezamos con dúas charlas do Programa Vixía, unha inicitativa do Concello de Ourense para evitar potenciais adiccións e trastornos. Velaquí varias imaxes da charla ao alumnado de 3º da ESO da man de Marisol (nutricionista) sobre alimentación saudable e prevención de trastornos.
Onte foi o turno do alumnado de 4º da ESO, que asistíu a unha inspiradora charla de Félix (educador social) sobre a prevención da violencia en todas as súas formas.
Moitas grazas por esta formación tan útil e enriquecedora!
Para saber máis, visita o blog do departamento de Orientación.