Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Charla coloquio sobre o Parlamento de Galicia

O pasado 23 de febreiro celebramos no salón de actos do centro unha charla-coloquio sobre o Parlamento de Galicia, dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO.

A actividade contou coa participación dos exdeputados e exdeputadas Roberto Castro García, María Tereixa Paz Franco e Pablo Xavier López Vidal, que compartiron a súa experiencia e explicaron o funcionamento da institución que representa o pobo galego.

Tras as súas intervencións, abriuse unha quenda de preguntas na que o alumnado puido formular as súas dúbidas e reflexións, xerándose un diálogo enriquecedor sobre democracia, participación e representación institucional.

Este tipo de iniciativas permiten achegar as institucións á mocidade e fomentar unha cidadanía crítica, informada e comprometida.