A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de publicar a Orde do 7 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
O prazo de solicitude remata o 21 de xuño de 2024.
Poden solicitala:
– En liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte enlace: Solicitude electrónica (É preciso dispor de certificado dixital, «Chave 365» ou DNI electrónico e a aplicación Autofirma)
– Presencialmente na secretaría do centro.
Para máis información, poden chamar á secretaría do centro e consultar o Portal da Consellería de Educación.