Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Avaliación de diagnóstico

A avaliación de diagnóstico é unha avaliación do sistema educativo establecida na lei educativa estatal para todas as comunidades autónomas. Trátase dunha ferramenta para contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación a través do coñecemento do grao de adquisición das distintas competencias por parte do alumnado.

Analizaranse as competencias matemática, en comunicación lingüística: Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira (Alemán, Inglés e Francés segundo a matrícula do alumnado), en Xeografía e Historia, en Ciencias Experimentais e en Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural.

A todo o alumnado de 4º curso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria de todos os centros educativos de Galicia. Non é unha avaliación do alumnado. Polo tanto, non hai datos nin cualificacións individuais, non hai información que incorporar ao expediente académico do alumno/a e non existirán informes con orientacións individualizadas. En conclusión, a avaliación de diagnóstico non ten ningún efecto académico.

Carta para as familias

Ligazón para saber máis

Anterior

Siguiente