En cumprimento da lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar na semana do 13 ao 17 de abril para o alumnado de 2.º curso de educación secundaria obrigatoria, e na semana do 20 ao 24 de abril para o alumnado de 4.º curso de educación primaria.
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2526_faq.pdf
