Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Aprendizaxe entre iguais na biblioteca: “Coñecendo a célula!”

O alumnado de 3 ESO levou a cabo un proxecto na materia de bioloxía e xeoloxía para axudar ao alumnado de 5 de primaria a coñecer a célula e os seus compoñentes.

Cada alumno/a elixiu unha parte da celular ( núcleo , citoplasma, membrana, mitocondrias, ribosoma, retículo, citoesqueleto, vesículas…)e preparou unhas tarxetas para expor e explicar os escolares de quinto de primaria.

Paralelamente, o alumnado de 5 de primaria familiarizouse con este contido na materia de ciencias naturais.

Onte na biblioteca a sesión desenvolveuse en 3 fases:

1- Representación dos orgánulos celulares do alumnado de 3ESO aos alumnos/as de 5 de primaria

2- Exposición maquetas celulares con explicacións, preguntas e respostas

3- Consulta do libro de Ciencia da biblioteca escolar para descubrir á célula e compáralo coas maquetas e co explicado polos novos profes de 3ESO

Parabéns por un proxecto exemplar!