Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

A historiadora viaxeira chega a 1 primaria

O alumnado de 1º de Educación Primaria viviu unha experiencia chea de historia, maxia e misterio coa visita da Historiadora Viaxeira, interpretada por Beatriz Nieto, a nosa xefa de estudos e coordinadora Erasmus+.

Esta iniciativa nace do Café Erasmus+, un proxecto de colaboración entre o profesorado de Primaria e Secundaria que ten como obxectivo desenvolver experiencias de aprendizaxe innovadoras, adaptadas ao currículo e enriquecidas polas achegas de docentes de ambas as etapas educativas.

Nesta ocasión, Beatriz Nieto e Nerea, titora de 1º de Primaria, puxeron en marcha o proxecto “A Historiadora Viaxeira”, unha proposta na que a historia, a investigación e a creatividade se unen para achegar o alumnado ás orixes das diferentes tradicións culturais.

A primeira visita estivo dedicada ao Samaín. Uns fantasmiñas trasnos escaparon da maleta máxica da Historiadora Viaxeira, provocaron unha pequena desorde na aula e agocharon as tres faíscas necesarias para iluminar as cabazas desta celebración.

A través dunha historia chea de sorpresas, pistas e retos, os pequenos investigadores descubriron as orixes históricas do Samaín, resolveron enigmas e participaron nunha divertida busca do tesouro. Grazas ao traballo en equipo, conseguiron recuperar as faíscas perdidas e superar todas as probas.

Pero esta aventura non fixo máis que comezar. O alumnado recibiu o seu pasaporte de investigadores e descubriu unha caixa de correo máxica que permitirá manter o contacto coa Historiadora Viaxeira e preparar novos desafíos.

Con este proxecto búscase fomentar a curiosidade, o pensamento crítico, a cooperación e o interese pola historia a través dunha aprendizaxe activa, lúdica e significativa.

Unha experiencia educativa que demostra que aprender historia tamén pode ser unha auténtica aventura!