Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

A Frauta Máxica

A semana pasada, o alumnado de 5 anos e de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha saída ao  para asistir á representación de A Frauta Máxica.

Esta actividade cultural supuxo unha oportunidade única para achegar o noso alumnado ao mundo da ópera e da música clásica dun xeito didáctico, visual e adaptado á súa idade. Ao longo da representación, puideron descubrir a forza da música en directo, a riqueza escénica e a expresividade dos personaxes, vivindo unha experiencia chea de emoción e aprendizaxe.

As saídas didácticas forman parte do noso proxecto educativo, xa que consideramos fundamental complementar o traballo da aula con vivencias reais que fomenten o interese pola cultura e polas artes. Sen dúbida, foi unha xornada moi enriquecedora que quedará na memoria do noso alumnado.