Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

8M: Día da Muller

Estes días o noso centro conmemorou o Día Internacional da Muller (8M) cunha actividade desenvolvida na Biblioteca do colexio, que se converteu nun espazo de investigación, reflexión e creatividade.

O alumnado da Unidade de Educación Especial participou nesta proposta, coordinada por Marcial (PT) e Isa (PT) dentro das iniciativas promovidas polo Departamento de Orientación.

 

A actividade desenvolveuse a través dunha pequena investigación guiada na que o alumnado consultou información nas tablets da biblioteca, investigando sobre diferentes mulleres que deixaron pegada na historia en ámbitos como a ciencia, a literatura, a arte ou a defensa dos dereitos.

Ademais da procura dixital, tamén se empregaron recursos bibliográficos da biblioteca, como os libros Mulleres de ciencia e As mulleres nas matemáticas, que permitiron coñecer mellor o papel de moitas mulleres que contribuíron ao avance do coñecemento.

A partir desta procura de información, o alumnado completou fichas sobre distintas mulleres destacadas, como Marie Curie, Jane Goodall, Frida Kahlo, Clara Campoamor, Malala Yousafzai ou Rosalía de Castro, investigando aspectos básicos da súa vida e reflexionando sobre por que foron importantes.

Esta actividade permitiu traballar habilidades de busca de información, comprensión e síntese, ao tempo que se visibilizaban referentes femininos en distintos ámbitos.

Mural colaborativo: “As mulleres deixan pegada”

Para finalizar a actividade, o alumnado participou na creación dun mural colaborativo titulado “As mulleres deixan pegada”.

Na parte central do mural colocáronse as fichas elaboradas sobre estas mulleres referentes. Nas partes laterais, cada alumno e alumna deixou a pegada da súa man, na que escribiu os nomes das mulleres importantes das súas vidas (nais, avoas, profesoras, irmás…), poñendo en valor o papel fundamental que moitas delas teñen no día a día.

O resultado foi un mural colectivo que combina investigación, reflexión e expresión persoal, recordándonos que moitas mulleres —tanto coñecidas como próximas— deixan unha pegada importante na sociedade e nas nosas vidas.