Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Monthly Archives: mayo 2026

A profesora María José Novo está a participar nunha estancia de jobshadowing de cinco días no Istituto Statale Superiore “A. Manzoni” – Liceo Linguistico de Varese, dentro do programa Erasmus+. Tras a agarimosa benvida de Susana, profesora que o curso pasado realizou unha estancia no noso centro, María José puido coñecer de preto a organización do instituto italiano, compartir experiencias 
Leer más
O noso alumno Samuel Alejandro Gómez Zambrano, de 4º ESO A, resultou gañador a nivel local do concurso escolar “Carta a un Militar Español”, organizado polo Ministerio de Defensa. Podes ler a cartaCARTA MILITAR XIII Este certame ten como obxectivo achegar ao alumnado o labor das Forzas Armadas e fomentar valores como o compromiso, o esforzo e o servizo á 
Leer más
O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha actividade especial con motivo do Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento, converténdose en xornalista por un día para crear “O Eco Global”, un xornal internacional elaborado integramente polo alumnado. A través deste proxecto, os rapaces e rapazas investigaron diferentes culturas dos cinco continentes, redactando noticias 
Leer más
Durante varias sesións, o alumnado de Educación Infantil visitou a Unidade de Educación Especial co obxectivo de coñecer como se traballa a robótica na aula e descubrir diferentes posibilidades de aprendizaxe a través da tecnoloxía. Ao longo destas xornadas, os nenos e nenas participaron en distintas actividades relacionadas cos robots educativos, experimentando co debuxo mediante programación, xogos con sensores de 
Leer más
Xa está publicada a convocatoria das Bolsas NEAE para o curso 2026-2027, dirixida ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, TEA, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, TDAH nos supostos recollidos na resolución, ou altas capacidades intelectuais. Estas axudas poden cubrir diferentes conceptos, como ensino, transporte, comedor, residencia, material didáctico, reeducación 
Leer más
O alumnado de 4 da ESO comeza a súa mobilidade Erasmus de 5 días no Agrupamento de Escolas Don Luís de Ataide en Peniche, Portugal, cunha programación chea de actividades. Estade atent@s ao blog Erasmus para saber do seu día a día!
Leer más
CONVOCADAS AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de publicar a ORDE do 28 de abril de 2025  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27. O prazo de solicitude  remata 
Leer más
Con motivo da celebración das Letras Galegas 2026, o alumnado do noso centro participou en diferentes actividades organizadas arredor da lingua, a cultura e as tradicións de Galicia, promovendo o coñecemento e o orgullo polas nosas raíces. Por unha banda, o alumnado de 1º da ESO desenvolveu o proxecto “Falsos Amigos”, unha investigación centrada nos curiosos falsos amigos entre o 
Leer más
O alumnado de 5 anos participou recentemente no obradoiro de saúde bucodental “Mira que boca!”, unha actividade organizada pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras dentro do programa de saúde bucodental en Atención Primaria. Ao longo da sesión, os nenos e nenas aprenderon a importancia de manter uns bos hábitos de hixiene oral e coñeceron diferentes 
Leer más
O pasado 3 de maio, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Liberdade de Prensa, no noso centro desenvolvemos diferentes actividades orientadas a achegar o alumnado ao mundo da comunicación e a reflexionar sobre a importancia dunha información libre, veraz e responsable. Descubrindo o xornal na biblioteca Na biblioteca escolar realizamos unha actividade centrada no coñecemento da prensa escrita. O 
Leer más