O noso centro está de noraboa 🎉. O alumnado de 1º da ESO, xunto coa súa profesora María José Gil, resultou gañador do concurso “Vídeos pola Igualdade 2026”, un recoñecemento ao seu excelente traballo, creatividade e compromiso coa igualdade 💜
Este certame, organizado pola Cátedra ALDABA-WIB en colaboración coas universidades galegas, tiña como obxectivo a creación dun vídeo curto orientado ás redes sociais no que se promovese a igualdade no ámbito das TIC 💻, facendo especial fincapé na importancia de fomentar vocacións tecnolóxicas entre as mozas e romper cos estereotipos de xénero.
O traballo presentado polo noso alumnado destacou pola súa calidade, mensaxe e orixinalidade, valores fundamentais dentro desta iniciativa. Como premio, o centro recibirá unha dotación económica destinada á adquisición de material educativo 📚💻
Desde aquí queremos trasladar a nosa máis sincera enhoraboa a todo o equipo participante 👏, así como agradecer o esforzo e a implicación demostrados neste proxecto. Sen dúbida, un exemplo de como a educación pode contribuír a construír unha sociedade máis xusta e igualitaria 🌍✨
