Martes, 06 de Octubre de 2015 06:59

PALABRAS DA MAN AO CORAZÓN: PROXECTO DE ESCRITURA CREATIVA

 Comprácenos anunciar a participación dos alumnos da ESO nun proxecto de escritura creativa entre centros de distintos países coordinado por Diana Pastoriza, xefa de estudos da sección de Ribeira da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. En palabras de Diana, o proxecto “busca revalorizar a palabra, a palabra escrita a man, a escritura creativa e o papel”.

 

Para iso, os alumnos crearemos e enviaremos “travelling notebooks” (libretas viaxeiras”) aos seguintes centros de ensino secundario:


- IES César Manrique (Lanzarote, Spain)

- IES Guía (Gran Canaria, Spain)

- Ulyanovsk school № 76 (Uljanovsk, Russia)

- Sekolah Menengah Ayer Puteh (Malaysia)

- Zhoushan Senior High School (Zhejiang, China)


Para saber máis sobre este interesante proceso, visita o blog do proxecto facendo clic AQUÍ.


Tamén levaremos a cabo unha acción moi orixinal, "Pass the parcel" (Pasa o paquetiño). Tal e como nos explica Diana, Pass the Parcel é un xogo británico que tradicionalmente se facía nas festas de cumpreanos consistente en envolver 9 ou 10 capas de regaliños pequenos (normalmente larpeiradas). Os nenos sentábanse nunha roda e cando soaba música andaban derredor pasando o paquetero de man en man ata que paraba a música e o que o tivese na man abría o contido da primeira capa. Así ata chegar ao "núcleo" do paquetiño, que tiña un regaliño de maior valor. Fai clic aquí para saber máis.


Xa está publicada unha entrada sobre nós no blog do proxecto, non deixedes de lela!

Moitas grazas, Diana, por convidarnos a participar nesta apaixoante iniciativa!!

Ultima modificacion el Martes, 06 de Octubre de 2015 07:38