I FESTIVAL DEL LIBRO: OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON MINIA REGOS
O venres 25 de abril recibimos a visita de Minia Regos, que levou a cabo un divertido e inspirador obradoiro de ilustración!
Imaxe: Librería Aenea
Os nenos de 5º de primaria aprendimos o que é necesario para comezar a ilustrar. Ter lápiz e papel non é suficiente…
Minia explicounos a importancia de ser creativo, de manexar as liñas e a cor e de aprender dos demais, en especial dos grandes artistas. Tamén nos contou cales foron as fontes de inspiración do seu último libro. “Tac, tac, tac , plof”.
É unha historia preciosa que nos axuda a descubrir a beleza que esconde o fondo do mar e a pensar en que debemos mantelo limpo. E puxémonos mans a obra para debuxar a Ocaso!
Fai clic na imaxe para ver a presentación
Para saber más sobre a autora, visita o seu blog.
GRAZAS MINIA!