Viernes, 21 de Marzo de 2014 08:28

DÍA MUNDIAL DA AUGA: CONFERENCIA E PRÁCTICAS SOBRE A CALIDADE DA AUGA

 CONFERENCIA E PRÁCTICAS SOBRE A CALIDADE DA AUGA

 A auga é saúde pero… e a saúde da auga?

Lembrando que o 22 de marzo é o Día Mundial da Auga , os alumnos de 1º BAC recibiron unha conferencia e prácticas sobre augas. Repasaron os principais parámetros físicos e químicos indicativos da calidade das augas doces aptas para o consumo humano e a vida dos ecosistemas fluviais. 

A bióloga e especialista en análises de augas, Dña Mª Luz García Nocelo, dun xeito claro e ameno explicou algunha das medicións que se fan coma o pH, a dureza, a turbidez…e despois os alumnos experimentaron no laboratorio.

Tedes moita máis información no blog dos alumnos de 1º BAC: Proxecto Ciencia Activa pinchando AQUÍ.

FOTO pH_Beatriz_Temes

 

 

Ultima modificacion el Viernes, 21 de Marzo de 2014 08:38