Viernes, 14 de Marzo de 2014 22:37

BOLSAS DO MECD INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS EN ESPAÑA

O MECD convoca bolsas para a participación no programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España.

As bolsas para a participación no programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte están destinadas a alumnado de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Ensinanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de nivel intermedio e avanzado.

As persoas beneficiarias asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés dunha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal angloparlante nativo de países de lingua inglesa.

O prazo das solicitudes está aberto ata o 2 de abril de 2014 e a xestión debe facerse a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line.

Máis información sobre a convocatoria no espazo web do MECD pinchando aquí.

Atoparedes todas as novas sobre estas bolsas no blog de inglés no seguinte enlace:http://www.englishpadrefeijoo.blogspot.com.es/

 

Ultima modificacion el Martes, 18 de Marzo de 2014 12:36