Viernes, 03 de Junio de 2022 17:46

CALENDARIO ESCOLAR 2022-23

A consellería ven de publicar a orde que regula o calendario escolar para o vindeiro curso 2022-23.


A actividade lectiva en infantil, primaria e na ESO comeza o día 8 de setembro de 2022 e remata o día 21 de xuño de 2023.


Os períodos de vacación escolares serán os seguintes:


Nadal: desde o 23 de decembro de 2022 ata o 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.


Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.


Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.


O dia 31 de outubro de 2022 será non lectivo (Día do Ensino)

Ultima modificacion el Viernes, 03 de Junio de 2022 17:53