Con motivo da Semana da Prensa, o alumnado de 4º da ESO levou a cabo varias actividades para coñecer as orixes da prensa, a súa finalidade, as seccións dun xornal, os distintos xéneros xornalísticos e a linguaxe da prensa. Elaboraron este mural que recolle o legado de xornalistas clave ao longo da historia tales como Joseph Pulitzer, Oriana Fallaci, Josefina Carabias ou Mariano José Larra.
Grazas, rapaces!