Miércoles, 16 de Junio de 2021 12:04
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA
Velaquí varias imaxes da visita de a Santiago de Compostela, logo de ser premiados no VIII Concuso Escolar de debuxo e redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia organizado pola Deputación de Ourense. Acompañados pola orientadora, foron recibidos no Parlamento de Galicia polo seu presidente, D. Miguel Santalices, que moi amablemente lles amosou as dependencias e desde onde se conectaron vía vídeoconferencia co seu grupo-clase.
Tamén tiveron a portunidade de percorrer o emblemático casco histórico da cidade e visitar a exposición sobre Exipto na Cidade da Cultura.
Parabéns, rapaces!
Publicado en
Actualidad