Jueves, 20 de Mayo de 2021 11:31

AXUDAS MATERIAL E FONDO LIBROS

 A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

O prazo de solicitude empeza mañá 21 de maio e remata o 22 de xuño de 2021. 
Poden solicitala:
- En liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte enlace: Solicitude electrónica (É preciso dispor de certificado dixital o «Chave 365». 
- Presencialmente no centro en horario de 10:15 a 13:30
Para máis información, poden chamar á secretaría do centro e consultar o Portal da Consellería de educación  aquí.
Orde 6 de maio de 2021
Ultima modificacion el Jueves, 20 de Mayo de 2021 11:32
ir arriba