Domingo, 17 de Mayo de 2020 08:48

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Cada 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, unha data que conmemora a edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en 1863.

O autor homenaxeado este ano é Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego.

A continuación podes atopar actividades coas que saber máis de Carvalho Calero. 

Nesta ligazón atoporades unha divertida ficha didáctica da Raposa Fedella

 

 

Velaquí a ligazón ás unidades didácticas elaboradas pola Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa. Dispoñedes de dúas versións (galego e portugués).

 

Nesta ligazón atoparedes o libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, tarefas interactivas para realizar en liña, adaptadas para alumnado con NEAE, biografías, carteis, e ata un álbum fotográfico. 

 

Así mesmo, animámosvos a participar nas seguintes iniciativas:

 

- Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario…”. Atoparedes as bases aquí.

 

- Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas . O prazo de presentación remata o 31 de maio. Dispoñedes das bases nesta ligazón.

 

- Premio Literario Nortear para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal, un certame de relatos curtos en galego ou portugués promovido pola Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal ao que poden presentarse persoas de 16 a 36 anos, nadas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. Como podedes comprobar, a data límite para entregar os textos ampliouse ata o 30 de xuño (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X48527/modificanse-bases-sexta-edicion-premio-literario-nortear-para-adaptarse-limitacions. Tedes a convocatoria aquí


¡Feliz día a todos!

 

Ultima modificacion el Domingo, 17 de Mayo de 2020 08:55
ir arriba