Lunes, 19 de Febrero de 2018 09:01

I XORNADA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA NA UVIGO

O pasado venres, os alumnos de 4º da ESO e membros de Ciencia Activa asistiron a unha xornada no campus de Ourense organizada pola Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Baixo o lema “exxperimenta en feminino”, esta iniciativa pretende fomentar a vocación científica e tecnolóxica entre as futuras xeracións e dar visibilidade ao papel da muller na ciencia.


3d763bb8-61e7-4f77-a22d-9c0a101b1771

 

8e5acb8a-ced1-4847-83a7-4f1fb8e1c926

 

76b29834-a2c1-4f19-bb73-c8e67a351275

 

83bcb193-dd86-4080-a6ad-4dbb1cf0a06a

 

3d87acdd-ef21-4721-94b0-30aa3602162c

 

Foi unha experiencia fantástica na que os alumnos puideron participar nunha ampla variedade de obradoiros interactivos e moi amenos entre os que destacaron Vendo o invisible, no que puideron observar microorganismos da auga mediante microscopía e abordar entre outras cuestións os problemas do abuso de antibióticos; Quimirizando, centrado no “valor oculto da biomasa”, abordando temas como os antioxidantes naturais, os prebióticos e a obtención de compostos base para a enerxía do futuro ou A maxia do solo ou A cor na ciencia, no que crearon un arco da vella nunha botella.

Grazas á Universidade de Vigo por esta oportunidade única e parabéns pola organización!

 

Ultima modificacion el Lunes, 19 de Febrero de 2018 09:09