Viernes, 06 de Octubre de 2017 07:50

ERASMUS +: 1ª MOBILIDADE, A SOUTHAMPTON!

 Eva Pousa, secretaria e profesora de inglés no colexio, viaxará o próximo 8 de outubro á cidade británica de Southampton para participar nun evento formativo dirixido a membros de equipos directivos de centros educativos de toda Europa. 

 

savanna-style-location-map-of-city-of-southampton

 

 

Ao longo de 8 días, Eva terá a oportunidade de visitar escolas de primaria, secundaria e formación profesional da cidade nas que observará clases reais para analizar a súa enfoque pedagógico e importar boas prácticas docentes. Ademais, entrevistarase con profesores de cada centro para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Reino Unido e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración. O evento tamén inclúe entrevistas con inspectores de educación e asesores de formación do profesorado grazas ás que Eva poderá ampliar o seu coñecemento da xestión e a calidade nos centros educativos ingleses. 


Para saber máis, visita o blog do noso proxecto Erasmus +. Boa viaxe, Eva!

 

Ultima modificacion el Viernes, 06 de Octubre de 2017 07:56