Viernes, 23 de Junio de 2017 07:24

FELICES VACACIÓNS!

Hoxe remata a actividade lectiva por iso queremos desexarvos unhas felices vacacións de verán. Logo dun curso intenso e cheo de logros, durante o que vos esforzastes e levastes a cabo magníficas actividades, é hora de descansar e gozar do tempo de lecer. Vémonos en setembro!

Por certo, administración ven de publicar o calendario escolar para o vindeiro curso; as clases en infantil e primaria comezan o 11 de setembro; ESO e BAC, o 15. Podédelo consultar nesta ligazón.

Bo verán a todos!


 

Ultima modificacion el Viernes, 23 de Junio de 2017 07:29