Domingo, 21 de Mayo de 2017 22:21

ACADAMOS UN PROXECTO ERASMUS + K1!

Boas novas!


O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) ven de publicar o listado de axudas para proxectos Erasmus + Acción Clave K1 de mobilidade do profesorado entre as que figura a dotación de 10.453€ para o noso proxecto: A educación inclusiva para unha escola do século XXI, que busca  a mellora da da nosa xestión e da nosa calidade para favorecer a cohesión da comunidade escolar, a inclusión como medio para fomentar a diversidade sociocultural e o talento individual; mellóraa das competencias profesionais e lingüísticas da comunidade escolar, e a potenciación da internacionalización e dimensión europea.


Este proxecto Erasmus + terá unha duración dun curso académico (2017-2018) e constará de 7 mobilidades a distintos países europeos: 3 mobilidades son estadías de observación en centros educativos de Alemania, Italia e Reino Unido dos que o noso profesorado importará boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e atención á diversidade e aos que exportará dinámicas e prácticas de traballo do noso propio centro. Asemade, convidarán a cada centro a participar en proxectos plurilingües e interdisciplinares que xa están en marcha e que foron recoñecidos como prácticas educativas innovadoras. As 4 mobilidades restantes son eventos de formación en Reino Unido, Finlandia e Suecia que tratan sobre a xestión educativa, o ensino de idiomas, a innovación metodolóxica e a educación inclusiva, respectivamente.


 O proxecto tamén terá un gran impacto en toda a comunidade escolar e en centros que non participan directamente grazas á difusión dos logros tanxibles e intangibles en reunións informativas, seminarios, talleres, un blog e publicacións periódicas en diferentes medios de comunicación. Co fin de integrar estes logros no plan de desenvolvemento estratéxico futuro, os participantes neste proxecto Erasmus asistirán a xornadas, congresos e cursos para dar a coñecer o impacto das movilidades e establecer contacto con centros educativos europeos e futuros socios colaboradores. Ademais, organizaranse cursos de formación dirixidos a docentes de toda Europa en torno ás 4 áreas de mellora sobre as que se espera que o noso proxecto Erasmus teña un impacto sostible.

 

Ultima modificacion el Martes, 23 de Mayo de 2017 07:32