Miércoles, 17 de Mayo de 2017 07:20

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o día das nosas letras!

 

O día das Letras Galegas 2017 está dedicado a un escritor que nos gusta a todos moito, Carlos Casares. Nado en Ourense no ano 1941, Casares foi un xenial contador de historias e para a lembranza quedan obras cume como "Xoguetes para un tempo prohibido", "Deus sentado nun sillón azul", "Ilustrísima", a obra para nenos "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e a favorita dos alumnos da ESO, "O sol do verán", obra póstuma publicada algo máis dun mes logo do pasamento do autor en 2002.

Velaquí o mural dun extracto desta novela traducido a castelán, inglés e francés.

lg2


Para honrar a súa memoria non deixedes de escoitar este audio que recolle unha entrevista a Carlos Casares na que o autor fala do papel do intelectual.

Podes atopar moitas actividades interactivas sobre Carlos Casares nesta ligazón e consultar información interesante sobre a súa vida e obra no sitio web da súa fundación.

Feliz día a todos!

 

Ultima modificacion el Miércoles, 17 de Mayo de 2017 07:29

Video relacionado