PARTICIPAMOS NO PROXECTO ERASMUS K3 + ATS 2020
Comprácenos informarvos da nosa participación no proxecto europeo Erasmus + K3 ATS2020 no que colaboran 250 escolas de 11 países! Os alumnos da ESO, supervisados pola profesora Beatriz Nieto, serán os beneficiarios deste proxecto piloto cuxo obxectivo é desenvolver e avaliar as competencias transversais no proceso de ensino e aprendizaxe.
Que significa ATS2020?
Son as siglas en inglés de Assessment of Transversal Skills 2020 (Avaliación das Competencias Transversais 2020).
Que comprende este proxecto?
Este proxecto pretende analizar e pór en práctica as conclusións achadas en proxectos anteriores (K1 e K2) sobre a avaliación e traballo por competencias na ensinanza; atópase dentro das iniciativas Erasmus + a desenvolver antes do ano 2020 (Horizonte 2020).
Quen participa no proxecto?
Participamos 35 centros de España, todos de Galicia. En total somos 17 socios e a nivel europeo tan só fomos escollidas 250 escolas, eso sí, de 11 países diferentes!
Quen son os socios do proxecto?
Pois miraide a seguinte fotografía! De seguro que a maioría vos sonan... importantes, non sÍ?
Que obxectivos persegue?
O proxecto busca mellorar o desenvolvemento e a avaliación de competencias transversais do alumnado.
Mediante o emprego da plataforma Mahara traballaremos diversas competencias: alfabetización informativa, colaboración na comunicación, creatividade e innovación, alfabetización dixital e aprendizaxe autónoma.
O noso traballo será revisado polos coordinadores autonómicos do proxecto e os resultados, trala realización de dous test, formarán parte das conclusións finais que se presenten a nivel europeo.
Para saber máis, visita o blog "Little Historiadores" de Beatriz Nieto ou consulta o PDF a continuación.